Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral da Función Pública

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Dirección Xeral da Función Pública

Inicio da tramitación: 20/07/2022

Obxecto: a funcionarización do persoal laboral que se está desenvolvendo nos últimos anos fai preciso introducir una nova gradación de niveis no grupo AP (antigo grupo E segundo a terminoloxía do Decreto 93/1991) que equipare mellor as retribucións que viña percibindo o persoal laboral fixo das categorías V-011 e V-001 coas do persoal da agrupación profesional, engadindo un novo nivel 9 por debaixo do nivel 10.

Así mesmo, tamén é necesario modificar a denominación dos grupos para axustalos á nova terminoloxía empregada pola Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 28/10/2022

Suxestións recibidas: 1