Proxecto de decreto polo que se regula a concesión, utilización e renovación da Certificación Galega de Excelencia en Igualdade e se crea o seu rexistro administrativo

Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Departamento: Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade - Secretaría Xeral da Igualdade

Inicio da tramitación: 23/05/2022

Obxecto:

o presente decreto ten por obxecto o desenvolvemento regulamentario do Capítulo III do Título III do Decreto Lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e, por iso, a regulación do procedemento e as condicións para a obtención da Certificación Galega de Excelencia en Igualdade, así como os dereitos e obrigas derivadas da súa obtención, así como a creación e a regulación da organización e funcionamento do Rexistro das empresas con distintivo Certificación Galega de Excelencia en Igualdade.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 26/07/2022