Proxecto de orde pola que se adapta e incorpora á sede electrónica da Xunta de Galicia o procedemento administrativo de prazo aberto en materia de fundacións de interese galego suxeitas ao Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 11/05/2022

Obxecto: a presente orde ten por obxecto adaptar e habilitar a presentación electrónica das solicitudes de procedemento administrativo de prazo aberto dirixidas á sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e ao Protectorado exercido por esta consellería.

Ten tamén por obxecto actualizar o tránsito normativo cara a consolidación da Administración dixital determinado polo artigo 12 da Lei 39/2015, que establece que as administracións públicas deberán garantir as relacións cos interesados a través de medios electrónicos.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 30/06/2022