Proxecto de decreto polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 29/10/2021

Obxecto: é obxecto do novo decreto regular o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e para a elaboración do Programa Individual de Atención no que se recoñecen as prestacións económicas e/ou os servizos de atención, de acordo co establecido nos capítulos III e IV do título I da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como determinar os órganos técnicos competentes para a valoración e o asesoramento da dependencia e a coordinación destes, así como a súa composición e funcións.

O decreto esténdese a todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 02/05/2022

Suxestións recibidas: 11