Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 18 de abril de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 23/02/2022

Obxecto: na actualidade e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia están a xurdir diferentes iniciativas aos actuais modelos de recursos residenciais sociais, concretamente os proxectos de aloxamentos compartidos destinados ás persoas maiores que requiran de servizos de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia.

A necesidade de regular esta nova tipoloxía determina abordar a modificación da Orde do 18 de abril de 1996 que establece as condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores, vixente en virtude da disposición transitoria terceira do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, incorporando o novo recurso residencial para a prestación dos servizos de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia dos que se doten estes aloxamentos compartidos, recurso de atención a persoas maiores que apostan por unha convivencia en común cos coidados e apoios necesarios e cando as situacións de dependencia sobrevida así o requiran.

Modifícase así o número 2 do artigo 2 da referida orde engadindo entre os centros os aloxamentos compartidos. Así mesmo, incorpórase un número 8 ao Anexo I que recolle os requisitos específicos da nova tipoloxía.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 18/04/2022

Suxestións recibidas: 12