Anteproxecto de lei de artesanía de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Departamento: Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación - Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Inicio da tramitación: 17/02/2021
Obxecto: o anteproxecto ten por obxecto adecuar a regulación da artesanía en Galicia, ata agora establecida na Lei 1/1982, de 11 de marzo, á nova realidade do sector, nun marco xurídico idóneo que manteña e promova a súa importancia social, cultural, identitaria e económica, e que incremente a súa profesionalización e competitividade.
A actividade artesanal en Galicia non é só unha actividade económica, senón que tamén ten unha importante dimensión cultural, no que implica de transmisión de valores, respecto polos materiais locais e do medio ambiente, promoción do emprendemento, creación de emprego especializado de calidade, e fixación da poboación nos núcleos rurais.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 16/11/2021
Suxestións recibidas: 185