Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 8 de xullo de 2019, pola que se crea e se regula a composición, o funcionamento e a organización do Consello Técnico de Atención Primaria
Órgano ou entidade tramitadora: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo
Departamento: Consellería de Sanidade
Inicio da tramitación: 25/05/2021
Obxecto: modificación da Orde do 8 de xullo de 2019 pola que se crea e regula a composición, o funcionamento e a organización do Consello Técnico de Atención Primaria, para contemplar a representación da Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria no Consello, creada por Decreto 71/2021, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 28/06/2021
Suxestións recibidas: 1