Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 2 de agosto de 2017 pola que se crea a Mesa da Castaña e se regula a súa organización, funcionamento e composición
Órgano ou entidade tramitadora: Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal)
Departamento: Consellería do Medio Rural - Axencia Galega da Calidade Alimentaria
Inicio da tramitación: 26/04/2021
Obxecto: o obxecto do presente anteproxecto de orde é modificar a organización, o funcionamento e a composición da Mesa da Castaña para dar unha maior participación nela á Axencia Galega da Calidade Alimentaria e dirixir máis claramente a súa actuación aos aspectos relacionados coa produción e comercialización da castaña, en especial á produción de castaña da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 18/06/2021