Proxecto de decreto polo que se modifican o Decreto 21/2019, do 14 de febreiro, polo que se crea e se regula o Consello Interdepartamental de Coordinación para a Prevención e Atención das Condutas Suicidas, e a Orde do 13 de maio de 2020, pola que se crean e regulan as comisións multidisciplinares de prevención do suicidio das áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e se procede á creación do Rexistro Galego de Tentativas Autolíticas
Órgano ou entidade tramitadora: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo
Departamento: Consellería de Sanidade
Inicio da tramitación: 30/10/2020
Obxecto: por Decreto 21/2019, do 14 de febreiro, creouse e regulouse o Consello Interdepartamental de Coordinación para a Prevención e Atención das Condutas Suicidas, e por Orde do 13 de maio de 2020 procedeuse á creación e regulación das comisións multidisciplinares de prevención do suicidio das áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
Establecida a organización do consello interdepartamental e as comisións multidisciplinares, cómpre establecer un mecanismo que posibilite a recompilación e rexistro dos datos necesarios para a avaliación das políticas públicas e a toma de decisións, dotando aos citados órganos dun sistema de información adecuado para o desenvolvemento das funcións atribuídas aos citados órganos. Cómpre modificar as citadas disposicións para establecer un Observatorio Galego de Prevención do Suicidio, e o Rexistro Galego de Tentativas Autolíticas.
Estado actual: pendente de aprobación