Proxecto de decreto polo que se regulan os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Departamento: Consellería do Medio Rural - Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Inicio da tramitación: 23/03/2020
Obxecto: o obxecto do proxecto de decreto é regular e desenvolver o réxime xurídico dos montes denominados de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo en Galicia, así como regular o funcionamento do Rexistro de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo como sección diferenciada dentro do Sistema Rexistral Forestal de Galicia e as condicións e efectos da integridade, división e extinción da copropiedade titular destes montes.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 21/08/2020