Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento polo que se rexerán os contratos temporais de xestión pública e o fondo de melloras

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Departamento: Consellería do Medio Rural - Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Inicio da tramitación: 16/01/2020

Obxecto: o proxecto de decreto ten por obxecto a regulación dos contratos temporais de xestión pública. O contrato temporal de xestión pública é un acordo subscrito entre o titular dun monte e a Administración segundo o cal a Administración se compromete tanto á prestación dun servizo técnico como a un investimento en obras e servizos, permanecendo a plena propiedade e gobernanza no seu lexítimo titular. Enténdese a devandita gobernanza como unha forma de goberno cooperativa, transparente e equitativa, onde se favoreza a participación na toma de decisións e deste xeito quede fortalecida a lexitimidade delas.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 12/06/2020