Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Redes e Estacións de Tratamento de Augas

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Inicio da tramitación: 29/05/2018

Obxecto:

este decreto ten por obxecto establecer o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico en Redes e Estacións de Tratamento de Augas, establecido polo Real decreto 114/2017, do 17 de febreiro.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 25/11/2019

Suxestións recibidas: 3