Proxecto de decreto polo que se adoptan medidas sobre a subministración directa da caza maior silvestre abatida na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Saúde Pública

Departamento: Consellería de Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública

Inicio da tramitación: 18/02/2019

Obxecto: o decreto ten por obxecto:

  • Establecer os requisitos para a subministración directa por parte da persoa cazadora ao consumidor final e a establecementos de restauración de pequenas cantidades de carne fresca refrixerada de caza maior silvestre.
  • Establecer os requisitos para as pezas de caza maior silvestre abatidas en Galicia, destinadas ás salas de tratamento de caza, para a comercialización das súas carnes.
  • Establecer os requisitos que teñen que cumprir os locais intermedios de faenado das devanditas pezas de caza silvestre destinadas á subministración directa.
  • Establecer os requisitos hixiénicos e sanitarios do acondicionamento e o transporte das pezas de caza maior silvestre destinadas a consumo humano para a subministración directa ou o envío á sala de tratamento de caza.

O presente decreto é aplicable ás pezas de caza maior abatidas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 01/04/2019

Suxestións recibidas: 7