Proxecto de decreto polo que se establece o currículo dos niveis Básico A1, Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1 e Avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Inicio da tramitación: 13/02/2018

Obxecto: fixar o currículo dos niveis Básico A1, Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1 e Avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de Réxime Especial, de conformidade co establecido no Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro.

Regular as condicións en que se poden obter os certificados acreditativos da superación dos niveis Básico A1, Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1 e Avanzado C2 destas ensinanzas, así como os seus efectos e a documentación académica necesaria para garantir a mobilidade do alumnado.

Regular os requisitos mínimos das escolas oficiais de idiomas no relativo á relación numérica entre estudantes e profesorado, instalacións docentes e número de postos escolares.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 11/04/2018