En prazo de envío de suxestións

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos en prazo de envío de suxestións son aqueles que se atopan cos prazos abertos para algún destes trámites administrativos: trámite de audiencia a colectivos ou persoas que teñan a condición de interesados/as, trámite de información pública xeral ou outros trámites de fomento da participación cidadán que se poidan formalizar con carácter previo ou posterior ao trámite de audiencia das persoas interesadas.

Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

Ten dispoñibles para consulta 1 normativa en tramitación:
En prazo de envío de suxestións: 12/05/2023 - 06/06/2023  | Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación - Secretaría Xeral Técnica

Anteproxecto de lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia

Recibíronse 176 suxestións para esta norma