En prazo de envío de suxestións

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos en prazo de envío de suxestións son aqueles que se atopan cos prazos abertos para algún destes trámites administrativos: trámite de audiencia a colectivos ou persoas que teñan a condición de interesados/as, trámite de información pública xeral ou outros trámites de fomento da participación cidadán que se poidan formalizar con carácter previo ou posterior ao trámite de audiencia das persoas interesadas.

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Ten dispoñibles para consulta 1 normativa en tramitación:
En prazo de envío de suxestións: 05/09/2019 - 26/09/2019  | Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Proxecto de orde pola que se determina o horario xeral de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas na Comunidade Autónoma de Galicia

Recibíronse 3 suxestións para esta norma