Proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social

Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Política Social

Departamento: Consellería de Política Social

Inicio da tramitación: 21/12/2017

Obxecto: o proxecto ten por obxecto o desenvolvemento regulamentario da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e especificamente no relativo á regulación da  tramitación da renda de inclusión social de Galicia, así como da tramitación das axudas de inclusión social, de conformidade co establecido na propia Lei e tendo en conta as modificacións na normativa reguladora do procedemento administrativo das administracións públicas, dividíndose en tres títulos precedidos do título preliminar que recollen as disposicións xerais. No título I regula a renda de inclusión social de Galicia,  no título II as axudas de inclusión social, no título III os órganos de control e seguimento. Tras a parte final do proxecto, recóllense os anexos cos modelos normalizados de solicitude e documentación  para a tramitación das prestacións. 

Estado actual: en prazo de envío de suxestións

Prazo para remitir suxestións: 29/12/2017 - 19/01/2018

Forma de remitir suxestións: poderán ser formuladas cantas suxestións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina ou mediante a súa presentación en calquera dos lugares previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Suxestións recibidas: 13

Formulario de participación

Cubra este formulario e a súa suxestión será atendida polo departamento que elaborou esta norma. Lembre que os campos sinalados con asterisco (*) son obrigatorios

Datos persoais
Suxestións

Se fose necesario anexar algún documento, este deberá axustarse aos seguintes formatos: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml. En calquera caso non se deberá superar o límite de tamaño establecido de 5 MB.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo/a de que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro do que é responsable o órgano ou entidade que figura como tramitador desta normativa. A persoa interesada poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o devandito organismo.