Anteproxecto de lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia

Departamento: Consellería de Infraestruturas e Vivenda - Instituto Galego de Vivenda e Solo

Inicio da tramitación: 27/11/2017

Obxecto: o obxecto deste anteproxecto de lei é regular a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial incidencia na conservación e mellora dos conxuntos históricos e do patrimonio edificado, na habitabilidade das vivendas e na calidade dos espazos públicos.

Estado actual: en prazo de envío de suxestións

Prazo para remitir suxestións: 28/11/2017 - 20/12/2017

Forma de remitir suxestións: poderán ser formuladas cantas suxestións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina ou mediante a súa presentación en calquera dos lugares previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Formulario de participación

Cubra este formulario e a súa suxestión será atendida polo departamento que elaborou esta norma. Lembre que os campos sinalados con asterisco (*) son obrigatorios

Datos persoais
Suxestións

Se fose necesario anexar algún documento, este deberá axustarse aos seguintes formatos: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml. En calquera caso non se deberá superar o límite de tamaño establecido de 5 MB.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo/a de que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro do que é responsable o órgano ou entidade que figura como tramitador desta normativa. A persoa interesada poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o devandito organismo.