Aprobada e publicada no DOG

Para facilitarlle o seguimento das últimas normativas tramitadas polos centros directivos ou entidades dependentes dos departamentos da Xunta de Galicia recóllense neste espazo aquelas disposicións que foron xa aprobadas e publicadas no Diario Oficial de Galicia dentro dos últimos catro anos, contado desde a data de publicación da norma no DOG. As persoas interesadas en ter información das normas que teñan un tempo de publicación superior, poden facer dita consulta no buscador do propio diario

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Ten dispoñibles para consulta 28 normativas nesta situación:
Data de publicación no DOG: 12/03/2019  | Economía, Emprego e Industria - Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral

Orde do 12 de febreiro de 2019 pola que se establece o procedemento de expedición de certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

Data de publicación no DOG: 08/11/2018  | Economía, Emprego e Industria - Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Orde do 26 de outubro de 2018 pola que se regula a concesión, uso e control da marca de Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia

Data de publicación no DOG: 25/10/2018  | Economía, Emprego e Industria - Secretaría Xeral de Emprego

Decreto 135/2018, do 4 de outubro, polo que se regulan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia)

Data de publicación no DOG: 18/10/2018  | Economía, Emprego e Industria - Secretaría Xeral Técnica

Decreto 127/2018, do 4 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de compensacións económicas ás organizacións sindicais e empresariais no marco da participación institucional

Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Data de publicación no DOG: 25/01/2018  | Economía, Emprego e Industria - Secretaría Xeral Técnica

Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Data de publicación no DOG: 14/11/2017  | Economía, Emprego e Industria - Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Decreto 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia