Orde do 9 de agosto de 2023 pola que se amplía a relación de materias optativas da educación secundaria obrigatoria e se establece o seu currículo
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Inicio da tramitación: 08/03/2023
Data da publicación no DOG: 25/08/2023
Obxecto: esta orde ten por obxecto ampliar a relación de materias optativas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e establecer o seu currículo, coa incorporación das materias de Cultura Financeira no terceiro curso e de Intelixencia Artificial para a Sociedade no cuarto curso.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 1