Decreto 228/2022, do 29 de decembro, de horarios, quendas de garda e vacacións das oficinas de farmacia
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 22/12/2021
Data da publicación no DOG: 20/01/2023
Obxecto: o decreto ten por obxecto regular os horarios, as quendas de garda e as vacacións nas oficinas de farmacia establecidas na Comunidade Autónoma de Galicia, así como determinar o número de profesionais farmacéuticos necesarios para a atención ao público nas mesmas.
Nel abórdase unha regulación que, con carácter de mínimos e á vista das necesidades sanitarias e as peculiaridades xeográficas e poboacionais existentes nas distintas zonas farmacéuticas da nosa comunidade, garante unha atención continuada e axeitada á poboación, regulando a xornada e horario das oficinas de farmacia, así como as correspondentes quendas de garda e vacacións, en consonancia cos principios de liberdade e flexibilidade horaria consagrados na lei.
Establécense tamén mecanismos para regular a posibilidade, derivada da referida liberdade e flexibilidade de horarios, de que as oficinas de farmacia prolonguen a súa actividade por riba dos mínimos fixados no decreto.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG