Decreto 19/2023, do 2 de marzo, polo que se modifica o Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da axencia Instituto Enerxético de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Axencia Instituto Enerxético de Galicia

Departamento: Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

Inicio da tramitación: 23/07/2021

Data da publicación no DOG: 09/03/2023

Obxecto: reforzar as competencias da xerencia mediante a creación dun posto con nivel orgánico de subdirección xeral, con dependencia xerárquica e funcional e no que quedará integrada a Área de Xestión e Coordinación.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG