Decreto 4/2022, do 13 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 43/2019, do 11 de abril, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego da Familia e da Infancia
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 04/05/2021
Data da publicación no DOG: 25/01/2022
Obxecto: o obxecto do proxecto de decreto é a modificación da composición do Observatorio Galego da Familia e da Infancia, órgano colexiado de carácter asesor e de apoio, análise, investigación, estudo e proposta de actuacións en materia de familia e infancia.
Dada a natureza do devandito órgano e as súas funcións, considérase procedente, a través da presente modificación da norma reguladora, revisar a composición establecida no seu artigo 6, concretamente a letra d) do seu número 1, e engadir a presenza do Fondo das Nacións Unidades para a infancia (UNICEF), entidade internacional de renombre na defensa dos dereitos da infancia, que participará a través da Fundación UNICEF-Comité Español, como novo vogal.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 1