Decreto 219/2020, do 3 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2020 do persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de RR HH - Servizo Técnico Xurídico I

Departamento: Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Inicio da tramitación: 02/12/2020

Data da publicación no DOG: 18/12/2020

Obxecto:

aprobar a oferta de emprego público do persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma, para o ano 2020, nas clases de persoal farmacéutico inspector de saúde pública, persoal inspector médico, persoal licenciado en ciencias biolóxicas, persoal licenciado en farmacia e persoal licenciado en medicina e cirurxía.
 

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG