Orde do 10 de xuño de 2020 pola que se amplía o prazo para a xustificación e avaliación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao exercicio 2019, así como para a presentación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao ano 2020

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 10/02/2020

Data da publicación no DOG: 11/06/2020

Obxecto: a xustificación e avaliación polos Concellos da execución do proxecto anual de servizos sociais municipais do exercicio 2019 e a presentación do proxecto anual de servizos sociais municipais para o ano 2020 establécese para o 31 de marzo de 2020. A necesidade de actualizar a aplicación informática a través da que se presentará a documentación determinou a necesidade da tramitación da ampliación do prazo indicado.

O devandito prazo interrómpese o 14 de marzo de 2020 en virtude do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, mais coa publicación do Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma (artigo 9 e a disposición derrogatoria única). Con data 1 de xuño de 2020 álzase a suspensión e reanúdase o cómputo dos prazos.

Tras a reanudación do cómputo do prazo xeral, cómpre tramitar a súa ampliación ata o 30 de xuño de 2020, incluído, e clarifícase o prazo en relación á documentación presentada.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG