Órgano ou entidade tramitadora:
Dirección Xeral de Políticas Culturais
Departamento:
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Inicio da tramitación: 16/05/2019
Data de aprobación do proxecto de lei polo Consello da Xunta para a súa remisión e tramitación no Parlamento: 24/09/2020
Data da publicación no DOG: 25/02/2021
Obxecto:
esta lei ten por obxecto a regulación do réxime xurídico dos centros museísticos de interese para a Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tales os museos, as coleccións museográficas e os centros de interpretación do patrimonio cultural.
Así mesmo, a lei regula o establecemento dun Sistema Galego de Centros Museísticos, como estrutura organizativa e funcional na que se integren os centros dos que estamos a falar, a fin de mellorar a súa organización e funcionamento. O devandito Sistema estará presidido, para estes efectos, polos principios de coordinación, colaboración e complementariedade.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 3