Anteproxecto de lei de museos e outros centros museísticos de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Políticas Culturais

Departamento: Consellería de Cultura e Turismo - Dirección Xeral de Políticas Culturais

Inicio da tramitación: 16/05/2019

Data de aprobación do proxecto de lei polo Consello da Xunta para a súa remisión e tramitación no Parlamento: 24/09/2020

Obxecto: esta lei ten por obxecto a regulación do réxime xurídico dos centros museísticos de interese para a Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tales os museos, as coleccións museográficas e os centros de interpretación do patrimonio cultural.

Así mesmo, a lei regula o establecemento dun Sistema Galego de Centros Museísticos, como estrutura organizativa e funcional na que se integren os centros dos que estamos a falar, a fin de mellorar a súa organización e funcionamento. O devandito Sistema estará presidido, para estes efectos, polos principios de coordinación, colaboración e complementariedade.

Estado actual: aprobado o proxecto de lei polo Consello da Xunta para a súa remisión e tramitación no Parlamento

Suxestións recibidas: 3