Anteproxecto de Lei de pesca continental de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Inicio da tramitación: 08/05/2019

Data de aprobación do proxecto de lei polo Consello da Xunta para a súa remisión e tramitación no Parlamento: 17/09/2020

Obxecto: o obxecto desta lei é regular, protexer e fomentar o dereito ao exercicio da pesca continental e o ordenado aproveitamento dos recursos piscícolas en todos os cursos e masas de auga continentais situados dentro dos límites territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia.

AVISO: As suxestións deberán enviarse a partir deste xoves 9 de maio.

Estado actual: aprobado o proxecto de lei polo Consello da Xunta para a súa remisión e tramitación no Parlamento

Suxestións recibidas: 202