Decreto 133/2021, do 23 de setembro, polo que se crea o Rexistro de Empresas Instaladoras de Fontanaría de Galicia e o Rexistro de Instalacións Interiores de Subministración de Auga de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Departamento: Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

Inicio da tramitación: 05/12/2018

Data da publicación no DOG: 11/10/2021

Obxecto: no contexto xurídico actual, a execución das instalacións interiores de subministración de auga é unha actividade liberalizada á que se lle aplica na súa integridade a Directiva de servizos.

A experiencia destes derradeiros anos amosa que a economía somerxida creceu exponencialmente neste sector, como consecuencia, entre outras causas, da citada liberalización, que supuxo un drástico cambio nun sector tradicionalmente regulado.

Por outra banda, as instalacións interiores de subministración de auga teñen unha innegable complexidade técnica, precisando de instaladores cunha importante formación técnica. Ademais, unha mala execución destas instalacións pode provocar grandes danos, que a empresa instaladora debe estar en disposición de reparar.

Faise, pois, recomendable a creación dun rexistro voluntario de empresas instaladoras de fontanería en Galicia, así como dun rexistro das instalacións interiores de subministración de auga que executan, que permita verificar que as devanditas empresas cumpren unha serie de requisitos que garantan a calidade e capacidade técnica do seu servizo, o cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e a súa capacidade para facer fronte ás posibles esixencias de responsabilidade civil.

Todo isto co obxectivo de que os cidadáns e as cidadás que precisen ter acceso aos servizos de empresas instaladoras de fontanería en Galicia poidan ter á súa disposición unha listaxe de empresas cuns estándares de calidade e seguridade técnica elevados que lles permita ter máis información á hora de decidir a quen contratan os servizos.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG