Órgano ou entidade tramitadora:
Secretaría Xeral Técnica
Departamento:
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Inicio da tramitación: 20/12/2018
Data de aprobación do proxecto de lei polo Consello da Xunta para a súa remisión e tramitación no Parlamento: 04/07/2019
Data da publicación no DOG: 10/01/2020
Obxecto:
a lei ten por obxecto:
a) Garantir a prestación adecuada dos servizos do ciclo integral do uso urbano da auga, e en especial o abastecemento domiciliario de auga apta para o consumo humano, en todo o territorio de Galicia, cando exista un episodio de seca.
b) Establecer as normas e as medidas para o aproveitamento dos recursos hidráulicos, no ámbito da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, nos períodos nos que exista un episodio de seca, co fin de reducir a vulnerabilidade fronte a este evento, buscando unha garantía no abastecemento á poboación en equilibrio co medio natural e tendo en conta os posibles efectos do cambio climático.
c) Garantir a protección da saúde pública ante situacións que poidan xerar risco sanitario no abastecemento ou na subministración de auga para consumo humano, en todo o territorio de Galicia, ou, con carácter xeral, ante calquera situación que poida provocar unha alteración dos valores paramétricos ou a presenza de substancias que poidan afectar á saúde da poboación, de acordo coa lexislación vixente.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 4