Decreto 43/2019, do 11 de abril, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego da Familia e da Infancia
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 03/04/2018
Data da publicación no DOG: 29/04/2019
Obxecto: o obxecto do proxecto de decreto é a creación dun órgano colexiado participativo, o Observatorio Galego da Familia e da Infancia, en cumprimento do mandato da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e a convivencia de Galicia, de carácter asesor e de apoio, análise, investigación e de propostas de actuación en materia de familia e infancia, así como a regulación da súa composición e o réxime de funcionamento.
O devandito órgano adscribirase á consellería competente en materia de familia da Xunta de Galicia e entre as súas funcións, no ámbito da familia e a infancia, recompilará a información, promoverá a realización de estudos, investigacións e informes técnicos e a detección de necesidades e demandas, avaliará o impacto das políticas fiscais, laborais e sociais, emitirá propostas e recomendacións sobre liñas estratéxicas e prioridades de actuación na comunidade autónoma, será a canle para actuacións coordinadas entre departamentos e das propostas das organizacións sociais, promoverá actuacións de sensibilización, de plans e estratexias, elaborará informes e impulsará a perspectiva da familia no ordenamento xurídico.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 1