Orde pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Formación Profesional

Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Formación Profesional

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 07/07/2023 - 21/07/2023

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro introduciu cambios no capítulo IX (educación de persoas adultas) da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

    O Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia concretou as intencións do sistema educativo galego para esta etapa educativa. Na súa disposición adicional cuarta establece que a consellería con competencias en materia de educación establecerá o currículo correspondente.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Regular aqueles aspectos da educación básica para persoas adultas que precisan de maior desenvolvemento normativo para poder ser aplicados con garantías e con coherencia polos centros educativos.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Actualizar o desenvolvemento normativo da educación básica para persoas adultas ao novo Decreto que regula a etapa de educación secundaria obrigatoria en Galicia.

  • Obxectivos:

    Concretar aqueles aspectos da ordenación  e o currículo para a educación básica de  persoas adultas na Comunidad Autónoma de Galicia que precisan unha nova regulación normativa.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Na Disposición derradeira segunda do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, facúltase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar cantas disposicións sexan precisas no relativo ao desenvolvemento do Decreto.

    Polo tanto, considérase que para cumprir o mandato normativo a mellor alternativa é desenvolvelo a través dunha norma con rango de orde.

  • Rango da norma:

    Decreto