Decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Xustiza (Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes)

Departamento: Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Xustiza

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 19/06/2023 - 03/07/2023

Información sobre a norma :

Antecedentes:

O Decreto 248/2007, do 20 de decembro, crea e regula a organización e xestión do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Problemas que se pretenden solucionar:

Posibilidade de presentación telemática das solicitudes e concreción da documentación necesaria para conseguir a inscrición no Rexistro.

Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

Adecuación normativa e simplicidade de trámites.

Obxectivos:

Adaptar o procedemento de inscrición, modificación e cancelación de parellas de feito á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, e á Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia, e solucionar as situacións que máis conflitos xeran para a inscrición das parellas no Rexistro, segundo manifestan os propios encargados dos Rexistros e se deriva das queixas presentadas polos cidadáns ante o Valedor do Pobo ou o “Defensor del Pueblo”.

Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

Actualmente, a única solución e alternativa posible é a regulatoria, de modificación do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Rango da norma:

Decreto