Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Departamento:
Consellería do Mar - Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta:
12/01/2022
-
26/01/2022
Información sobre a norma :
-
Antecedentes:
A Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA OPP-82) solicitou con data do 25 de novembro de 2020 á Consellería do Mar da Xunta de Galicia a extensión de norma consistente no establecemento dun tope de descargas nos portos situados na Comunidade Autónoma de Galicia de 750 kg por tripulante e día do xurelo procedente da zona 8c e 9a dos buques do censo de cerco de caladoiro nacional Cantábrico-Noroeste.
A devandita solicitude, xunto coa documentación achegada por ACERGA OPP-82, foi trasladada pola Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (DXPAIT) á Secretaría Xeral de Pesca (SXP) o 15 de xaneiro de 2021, en virtude do artigo 12 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e a acuicultura.
Posteriormente fóronse trasladando e respondendo determinadas cuestións formuladas pola Comisión Europea ata o seu ditame favorable á adopción desta norma de extensión do 21/12/2021, recibido o 22 de decembro na SXP e trasladada o 30 de decembro á DXPAIT.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
Dar cumprimento ao establecido na decisión da Comisión do 21/12/2021 -c(2021)9776 final- pola que se autoriza a España a ampliar un límite máximo diario para os desembarques a todos os produtores que desembarquen e comercialicen xurelo procedente das capturas da frota de cerqueiros nas divisións 8c e 9a en portos situados na Comunidade Autónoma de Galicia e a través da que se aproba a norma de extensión solicitada por ACERGA OPP-82.
-
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Segundo o establecido no apartado 7 do artigo 12 do Real Decreto 277/2016, de 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e a acuicultura, a extensión da norma adoptarase mediante orde ministerial ou disposición regulamentaria autonómica que ao efecto determine a comunidade autónoma e publicarase no BOE ou no diario oficial correspondente.
-
Obxectivos:
O obxectivo desta disposición normativa será dar cumprimento ás normas referenciadas nos apartados anteriores.
-
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Non procede.
-
Rango da norma:
Orde
Achegas e opinións recibidas: 7