Sistema de indicadores da administración dixital

O Sistema de indicadores da administración dixital (creado pola Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia) mide a evolución e o impacto do desenvolvemento dixital do sector público autonómico galego. 

Este sistema está constituído polos indicadores do funcionamento da propia Administración, a partir da información dispoñible nos sistemas e nas aplicacións que lle dan soporte á actividade dixital desta.

A súa creación ten como obxectivo establecer os mecanismos de medición necesarios para avaliar, analizar e controlar a implantación e o impacto da administración dixital, así como achegar coñecemento para a mellora da prestación dos servizos públicos.

O coñecemento e uso destes indicadores ten interese en diferentes ámbitos:

  • Dentro da propia Administración: para facilitar a toma de decisións, avaliar a prestación dos servizos públicos, permitir a observación da sociedade dixital e análise estatística...
  • Na cooperación con outras administracións, para facilitar o aliñamento con indicadores comúns
  • De cara á cidadanía, como elemento de transparencia, proporcionando un servizo de información de alta calidade baseado nos principios de libre e fácil acceso á información do sector público

Resultoulle útil a información?

Se o desexa, tamén pode deixar unha suxestión ou proposta de mellora sobre esta páxina
Dispón dun número limitado de 1000 caracteres para a súa mensaxe