Custo dos servizos
Neste apartado pode consultarse a información sobre as distintas políticas de gasto da Xunta de Galicia para o ano 2023 e os recursos económicos dedicados a cada unha delas. Ademais, pódese acceder aos datos do custo efectivo de distintos servizos públicos que se financian con taxas e prezos públicos. Por último, reflíctese información sobre as tarifas aplicables á asistencia sanitaria concertada polo Servizo Galego de Saúde, así como sobre as tarifas dos servizos sanitarios prestados en centros dependentes do devandito organismo.
Políticas de gasto
Neste apartado pode consultarse a información sobre as distintas políticas de gasto da Xunta de Galicia para o ano 2022 e os recursos económicos dedicados a cada unha delas.
Data de actualización: 10/1/2023
Custo dos servizos públicos
Neste apartado recóllense os datos do custo efectivo dos distintos servizos públicos que se financian con taxas e prezos públicos.
Data de actualización: 10/1/2023
Tarifas do Sergas
Neste apartado reflíctese información sobre as tarifas aplicables á asistencia sanitaria concertada polo Servizo Galego de Saúde, así como sobre as tarifas dos servizos sanitarios prestados en centros dependentes do devandito organismo.
- Asistencia sanitaria concertada polo Servizo Galego de Saúde (data de actualización: 9/6/2016)
- Servizos sanitarios prestados en centros dependentes do Sergas (data de actualización: 21/11/2012)