A Xunta de Galicia conta cun Programa marco de integridade institucional e prevención de riscos de xestión, aprobado o 26 de maio de 2021 polo Consello da Xunta de Galicia, e entendido como un compromiso da Administración pública galega coa integridade e a busca dunha acción exemplar e responsable dos altos cargos e de todo o persoal da Administración pública galega.
Este programa de integridade institucional supón a materialización do afianzamento da política institucional de integridade da Xunta de Galicia, que se aborda dende unha perspectiva global.
Documentos relacionados