O 10 de decembro de 2021 o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia, que se configurou como o instrumento do sector público autonómico galego que tiña por finalidade a xestión e avaliación dos riscos de xestión, incluída a fraude, para dar soporte aos procesos de planificación, toma de decisións e execución das actividades que realiza a Administración autonómica.
O propio plan, aínda que recolle unha análise dos principais riscos de xestión detectados, estableceu que unha correcta metodoloxía esixe que en cada órgano e entidade se proceda a realizar unha axeitada e individualizada análise dos riscos en función da súa actividade, polo que debe completarse con plans específicos de prevención de riscos de xestión de cada un deles, aprobados pola persoa titular da consellería correspondente.
En cumprimento desta previsión, desde decembro de 2021 os distintos departamentos foron elaborando e aprobando os correspondentes plans específicos de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude.
O 19 de maio de 2023, o Consello da Xunta de Galicia aprobou unha revisión e actualización do Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia, o que supuxo un novo impulso na elaboración dos plans específicos naqueles departamentos que non os tiñan aprobados e o inicio do proceso de revisión naqueles que xa contaban cun plan específico, pero que debía ser actualizado, tendo en conta as novas previsións do Plan xeral.
Ao atoparnos neste momento nun período transitorio, no que os distintos departamentos traballan nas actualizacións correspondentes, neste apartado poden consultarse os novos plans específicos adaptados á revisión do Plan xeral do ano 2023, así como os plans específicos que se foran aprobando dende decembro de 2021 ao abeiro do anterior Plan xeral.
Documentos relacionados
Plans específicos de riscos de xestión e medidas antifraude de cada departamento (adaptados á revisión do Plan xeral de 2023)
- Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
- Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
- Consellería de Facenda e Administración Pública
- Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
- Consellería de Emprego e Igualdade
Plans específicos de riscos de xestión e medidas antifraude de cada departamento (anteriores a maio de 2023)