SOBRE A TRANSPARENCIA
Vídeos divulgativos
Todas as persoas teñen dereito a acceder á información pública nos termos previstos na normativa en materia de transparencia.
Neste vídeo ofrecémoslle os detalles sobre como pode exercer este dereito conforme ao procedemento establecido na Lei de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia e na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Se precisa información adicional pode consultar esta páxina informativa. Para presentar a súa solicitude, a través de medios electrónicos, entre no procedemento da sede electrónica PR100A - Acceso á información pública.