CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Estrutura orgánica e funcional

Áreas nas que a Consellería exerce as funcións que ten delegadas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria é o órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal, ademais daquelas competencias e funcións establecidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, corresponde, de conformidade co Estatuto de autonomía e coa Constitución:

  • O exercicio das competencias e funcións nos ámbitos da promoción e dinamización da economía, investigación, desenvolvemento e innovación, industria, seguridade industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía, minas e recursos minerais, artesanía, comercio interior e exterior, consumo, así como a planificación, en colaboración coa consellería competente en materia de vivenda e solo, e das infraestruturas dos servizos empresariais do solo industrial.
  • Propoñer e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito laboral, que engloba as competencias en materia de políticas activas de emprego, política laboral, relacións laborais e seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, cooperativas e outras entidades de economía social, orientación e promoción laboral.

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Axencia Galega de Innovación

Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Instituto Galego de Consumo e da Competencia

Instituto Enerxético de Galicia

Consello Galego de Relacións Laborais

Axencia Galega da Industria Forestal

Instituto Galego de Promoción Económica