CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Estrutura orgánica e funcional

Áreas nas que a Consellería exerce as funcións que ten atribuídas.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é o departamento da Xunta de Galicia ao que lle corresponden, en materia cultural, as competencias e funcións de promoción e difusión da cultura, patrimonio cultural, os aspectos vinculados á protección e promoción do patrimonio cultural de Galicia e da Cidade e dos Camiños de Santiago.

No eido educativo, é o departamento encargado da planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión, niveis, graos, modalidades e especialidades; da promoción e do ensino da lingua galega, así como da dirección, planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia; a coordinación do sistema universitario; o recoñecemento e a tutela e rexistro das fundacións culturais e docentes de interese galego.

Asume, asemade, as competencias e funcións que lle atribúe o Decreto 268/2000, do 2 de novembro, polo que se crea o Museo Pedagóxico de Galicia, e o Decreto 214/2003, do 20 de marzo, polo que se modifica o Decreto 110/1999, do 8 de abril, polo que se crea e regula o Consello Galego de Formación Profesional.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

 Axencia Galega das Industrias Culturais