Canle de denuncias

Neste apartado pode accederse á canle de denuncias sobre irregularidades en materia de integridade institucional prevista no Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia aprobado o 10 de decembro de 2021 polo Consello da Xunta e no Programa marco de integridade institucional e prevención de riscos de xestión  2021-2024, aprobado  o 26 de maio de 2021 polo Consello da Xunta de Galicia.

Mediante esta canle calquera persoa empregada pública ou cidadán/á poderá facilitar información da que teña coñecemento sobre actuacións ou condutas contrarias á integridade institucional no ámbito do sector público autonómico, con plenas garantías de indemnidade da persoa denunciante, que non poderá sufrir, nin durante nin despois da investigación ningún tipo de medida que implique calquera forma de prexuízo ou discriminación, en cumprimento das previsións da Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento europeo e do Consello, de 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do dereito da Unión.

Esta canle permite a presentación de denuncias por unha dobre vía,

  • a presentación ordinaria, con plena identificación da persoa denunciante, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,
  • e a presentación con anonimización dos datos persoais da persoa denunciante, de xeito que os órganos que deban investigar a denuncia non coñezan a súa identidade.
    Resulta posible a presentación de denuncias con garantías de anonimización da persoa denunciante, de xeito que, de optarse por esta vía, e con independencia da necesaria identificación electrónica para a presentación da denuncia, os datos serán tratados anonimizadamente mediante tecnoloxías de información. Desta forma, os órganos que deban investigar a denuncia non coñecerán a identidade da persoa denunciante. Porén advírtese que neste caso, debido ao proceso interno de anonimización da denuncia, non será posible remitirlle información sobre o remate do proceso de investigación á persoa denunciante.


Resultoulle útil a información?

Se o desexa, tamén pode deixar unha suxestión ou proposta de mellora sobre esta páxina
Dispón dun número limitado de 1000 caracteres para a súa mensaxe