Ignacio Maestro Saavedra

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE - Director xeral de Mobilidade

Ignacio Maestro Saavedra

Naceu na Coruña en 1973. Enxeñeiro Técnico Superior de Camiños, Canais e Portos (1997) e máster universitario en Investigación en Enxeñería Civil (2014) pola Universidade da Coruña.

Funcionario da Escala de Técnicos superiores de organismos autónomos do Ministerio de Medio Ambiente. 

Desde marzo de 2006, e ata marzo de 2009, desempeñou funcións de Técnico Superior da Confederación Hidrográfica do Norte no Ministerio de Medio Ambiente.

En abril de 2009, e ata novembro de 2014, foi nomeado xefe de área da Dirección Técnica na devandita Confederación, data na cal asumiu o posto de director técnico adxunto, asumindo, entre outras funcións, as de xefe de explotación dos sistemas de presas e regadíos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (no val de Lemos e no Bierzo), membro da Xunta de Explotación e do Comité de Desencoro, responsable do servizo de expropiacións desta Confederación e supervisor da elaboración do Plan de Seguridade do Operador (PSO).

En agosto de 2016 pasou a desempeñar o cargo de subdirector xeral de Planificación Técnica na Dirección Xeral de Mobilidade.