Fabiola García Martínez

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL - Conselleira

Fabiola García Martínez

Naceu en Ribeira en 1985. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Dereito Empresarial polo Centro de Estudios Garrigues e diploma en EAP (English for Academic Purposes) pola University College London.

Ao longo da súa carreira profesional formou parte dos gabinetes das consellerías de Facenda, Economía e Industria, e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Desde 2015 ata 2016 foi primeira tenente de alcalde do Concello de Ribeira e concelleira delegada de Administración, Transparencia, Atención e Participación Cidadá, Promoción e Dinamización Económica e Cultura.

De 2016 a 2018 foi directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.