José Juan Durán Hermida

CONSELLERÍA DO MAR - Presidente de Portos de Galicia

José Juan Durán Hermida

Naceu en Vilanova de Arousa en 1960. Realizou estudos de Dereito.

Empresario do sector vitivinícola.

Foi tenente de alcalde e concelleiro de cultura, turismo, infraestruturas, persoal e réxime interior do Concello de Vilanova de Arousa (1999-2011), voceiro do grupo de goberno do Concello de Vilanova de Arousa (1999-2011) e vogal da Mancomunidade de concellos do Salnés (1999-2011).

Foi tamén vicepresidente da Deputación de Pontevedra (2004-2011) e deputado provincial delegado da Área de Cultura.

Tamén foi Presidente por delegación do padroado do Centro Asociado da UNED de Pontevedra (2003-2011); vicepresidente executivo de IPESPO -organismo autónomo provincial para a dotación de solo industrial- (2005-2011); presidente executivo do Consello Reitor da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra (2003-2011); membro do Comité Executivo da Fundacion Comarcal do Salnés (2003-2007); vicepresidente do Consorcio Contraincendios do Salnés (2009-2011), vogal do Consello Reitor da Caixa de Anticipos da Deputación de Pontevedra (2005-2007); vogal do Consello de Administración do ORAL da Deputación de Pontevedra; membro do Consello Federal da FEGAMP (1999-2003); membro do Consello Reitor do Museo Provincial de Pontevedra (2003-2011) e membro do Consello Reitor do organismo autónomo Turismo Rías Baixas (2003-2011).

Na actualidade exerce tamén como membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía e Ría de Arousa (desde 2009) e como vicepresidente da Fundación Valle-Inclán (2011).