CONSELLERÍA DO MAR - Xefa do Gabinete de comunicación

Pastora Charlín González

Naceu en Cambados en 1980. É licenciada en Xornalismo, na especialidade de Xornalismo Electrónico na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (2002). Especializada tamén en Xornalismo Audiovisual (2003) pola Facoltà di Scienze della Comunicazione da Università degli Studi di Bologna (Italia).

Foi responsable de comunicación en Amano Comunicación en A Coruña. Labores de gabinete de prensa para Krasis, Solar PST, Telemo e Centro Oncolóxico de Galicia (xullo 2008 - xullo 2009).

Foi tamén redactora de informativos en Televisión de Galicia na delegación de A Coruña (agosto de 2008 e decembro de 2008); coprodutora, presentadora, editora e redactora dos programas monográficos inforMAR (sobre o mundo do mar) e Orixe e Calidade (sobre viticultura e enoloxía); responsable da posta en marcha e xestión da web da emisora www.canalriasbaixas.com e redactora, reporteira e presentadora en  TVSB-Canal Rías Baixas (febreiro de 2005 – xullo de 2008).

Responsable de comunicación do Centro de Demostración Tecnolóxica i-nova de Vigo (proxecto impulsado por Caixanova, Confederación de Empresarios de Pontevedra e Cinfo Contenidos -filial de R-). Edición, redacción de contidos e mantemento dos websites xestionados por Cinfo (xaneiro de 2004 – xaneiro de 2005)

Locutora, redactora e presentadora en Radio Líder Coruña (xullo de 2003 – novembro de 2003).

Labores de gabinete de prensa da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia (xullo de 2002 - outubro de 2002).

Redactora e locutora en Radio Nacional de España (RNE) en Pontevedra (xullo de 2001 - outubro de 2001).

Presentadora de eventos e colaboradora en varias publicacións.