Jorge Aboal Viñas

CONSELLERÍA DE SANIDADE - Director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde

Jorge Aboal Viñas

Naceu en Palencia en 1962. É licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade Autónoma de Madrid. Grao de doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Diploma de Alta Dirección Hospitalaria impartido pola Escola Galega de Administración Sanitaria. Experto universitario de Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid.

Funcionario estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Responsable da área de documentación clínica do Hospital do Meixoeiro de Vigo desde 1994 a 1995.

Xefe da Unidade de Control de Xestión de Hospital do Meixoeiro, de 1995 a 1996.

Coordinador Médico de Admisión, Arquivo, Documentación Médica e Control de Xestión do Hospital do Meixoeiro de Vigo desde 1996 a 1998.

Subdirector Xeral de Atención Especializada da División de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde desde 1998 a 2004.

Coordinador Médico do Servicio de Admisión e Documentación Clínica do Complexo Universitario de Santiago desde 2007.