José Manuel Pinal Rodríguez

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL - Director xeral de Centros e Recursos Humanos

José Manuel Pinal Rodríguez

Nado en Ourense. É graduado social -Técnico Superior en Relacións Industriais- e ten un máster de Experto Internacional en Relacións Industriais.

Desde o ano 1989 é profesor de ensinanza secundaria na especialidade de Tecnoloxía Administrativa con adscrición en Organización e Xestión Comercial.

Ostentou o cargo de xefe de estudos dun IES durante un curso.

Foi director dese mesmo IES durante 8 anos participando en proxectos educativos europeos e internacionais.

Foi profesor durante 15 anos na Facultade de Empresariais e Turismo das materias de "Economía de empresa", "Organización e administración" e tamén de "Dirección de empresas".

Foi profesor durante 2 anos na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da materia de "Desenvolvemento de complexos empresariais e políticas públicas".

Desde o 24 de abril de 2009 é responsable da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (dende setembro de 2018, Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional).