Manuel Corredoira López

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL - Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Manuel Corredoira López

Naceu na Coruña en 1955. É enxeñeiro industrial pola Universidade Politécnica de Cataluña e licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Está en posesión do diploma de directivo da Xunta de Galicia.

Entre 1979 e 1984 traballou como enxeñeiro industrial en empresas do sector privado.

Desde 1984 é funcionario do corpo de Profesores de ensinanza secundaria na especialidade de formación profesional de organización e procesos de mantemento de vehículos (actualmente en excedencia) e desde o ano 2005 forma parte do corpo de Inspectores de educación.

Entre os anos 1993 e 1997 foi xefe de estudos do IFP Someso da Coruña e en 1997 foi asesor técnico docente na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Foi subdirector xeral de Formación Profesional e de Educación de Adultos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de 1998 a 2000, subdirector xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte entre os anos 2000 e 2004 e subdirector xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entre 2009 e 2012.

Desde o 15 de xuño de 2012 é responsable da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que dende setembro de 2018 é a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.