José Alberto Díez de Castro

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL - Secretario xeral de Universidades

José Alberto Díez de Castro

Naceu en Málaga en 1956. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Málaga en 1978 e doutor en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela en 1989.

Como profesor de universidade imparte a súa docencia desde o ano 1984 na Universidade de Santiago e, dende 1995, no campus de Lugo.

Profesor titular de Universidade pertencente á área de Organización de Empresas do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Universidade de Santiago de Compostela, dende 1990.

Decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo desde xaneiro de 2002 ata novembro de 2008.